publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Recuperan dous novos corpos do interior do buque ‘Santa Ana’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMurosPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os mergulladores que están a traballar nas laboraes do rescate do pesqueiro ‘Santa Ana’, fronte ao Cabo Peñas (Asturias), localizaron e recuperado ás 14.15 horas dous novos corpos do interior do barco, segundo confirmaron en rolda de prensa o Capitán do Servizo Marítimo da Garda Civil de Xixón, Emilio González e o Capitán Marítimo de Avilés, Licinio Alonso. Trátase do terceiro e o cuarto cadáver que se recuperou do interior do barco.

O tráxico suceso produciuse hai unha semana, na madrugada do domingo ao luns. Por causas que se descoñecen, o barco, de bandeira portuguesa, foise contra as pedras e afundiuse. Ese mesmo día localizouse ao único sobrevivente do barco, o segundo patrón do barco, Manuel Simal, veciño da localidade coruñesa de Muros. Tamén apareceron os corpos sen vida do patrón, o portugués Francisco Gomes e do galego Manuel Indalecio.

 Outro seis acodes quedaban no interior nunha zona moi complicada para os traballos baixo a auga. Efectivos de rescate rescataban o venres o cadáver do galego Lucas José Maio. O sábado lograban sacar do interior outro corpo, o do Suherman Hasan, indonesio.

Os dous cadáveres que foron recuperados este luns polos mergulladores estaban na zona dos camarotes. Aínda non se sabe de quen se trata e a Policía Xudicial traballa nestes momentos na súa identificación. Desta forma, o número de desaparecidos que hai nestes momentos redúcese a dous.

“O traballo de corte da chapa iniciouse esta mañá e agora que  finalizan os GEAS o traballo de rescate continuarán cos labores de corte”, explicou Licinio Alonso, nunha breve declaración aos medios de comunicación.

17 de marzo de 2014 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.