publicidade hoxe

Presentación do 1º Aberto de Billarda de Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O Alcalde do Concello de Cotobade, Jorge Cubela, xunto con dous representates da Liga Nacional de Billarda fixeron a presentación do 1º Aberto de Billarda de Cotobade correspondente á 12ª Xornada da liga da Conferencia Rías Baixas (que abrangue as comarcas de O Salnés, Pontevedra e O Morrazo) que se celebra o vindeiro sábado 22 de marzo.

Esta décimosegunda xornada terá lugar no Campo Municipal de Futbol “As Extremas” na parroquia de Rebordelo ao carón da estrada PO-233 Bora- Carballedo e no seguinte horario:

16:00 h. Inscripcións dos participantes

16:15 h. Sorteo

16:30 h. Inicio da proba

No caso de que chova, a proba trasladarase ao pavillón municipal de Carballedo ao carón do CEIP de Carballedo.

20 de marzo de 2014 | 10:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.