publicidade hoxe

Pontedeume entrega á Xunta o PXOM para a súa aprobación definitiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPontedeume
A-
A+
Encarnación Rivas en Pontedeume. Foto: X. Crespo

Encarnación Rivas en Pontedeume. Foto: X. Crespo

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu ao alcalde de Pontedeume, Gabriel Torrente, quen fixo entrega ao Goberno autonómico do Plan Xeral de Ordenación Municipal para proceder a súa aprobación definitiva.

Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que agora a Xunta dispón dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do expediente administrativo e do proxecto presentado, que será informado na Comisión Superior de Urbanismo do vindeiro 18 de marzo. Unha vez superado este trámite, tamén lle indicou que a Administración galega dispón dun prazo de tres meses para estudar o PXOM, período que empeza a contar unha vez que este completo.

Cómpre destacar que coa aprobación deste plan xeral se porá fin ás Normas Subsidiarias de Planeamento vixentes dende 1986, hai case 30 anos.

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico a este proxecto de urbanismo, posto que se celebraron 7 reunións técnicas, e económico, xa que a Consellería de Medio Ambiente concedeu axudas por importe de máis de 280.000 euros, para a redacción do plan xeral e dun Plan especial de rehabilitación do casco histórico.

En relación coa tramitación realizada compre destacar que conta con Informe previo á aprobación inicial (IPAI) dende xuño de 2007, a memoria ambiental foi tramitada ao longo de 2013 e publicouse no Diario Oficial de Galicia en xaneiro de 2014.

5 de marzo de 2014 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.