publicidade hoxe

Os Xogos da Amizade xuntarán en Culleredo a máis de 400 nenos judokas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoDeportes
A-
A+

Culleredo será o domingo, 30 de marzo, a capital comarcal do judo.  Máis de 400 nenos judokas participarán nos Xogos de Amizade, que se desenvolverán no polideportivo do colexio Rías Altas, na Zapateira.

O evento reunirá aos principais clubes do deporte que traballan na comarca. Está organizado por Judo Club Culleredo, en colaboración co Concello.

Os Xogos de Amizade consisten nunha serie de exhibicións de judo, sen competición. Os nenos amosarán diferentes técnicas que foron aprendendo e ensaiando en cada un dos seus clubes de pertenza.

A cita comezará ás 10.00 horas, coa quenda para os maiores de 12 anos de idade. De 11.00 a 13.00 horas terán lugar dúas quendas para os de menos idade, organizadas segundo a súa procedencia.

Todos os participantes recibirán un recordo por tomar parte nos Xogos da Amizade.

28 de marzo de 2014 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.