publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os equipos de Salvamento Marítimo e GEAS tratarán de estabilizar o ‘Santa Ana’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaMurosPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

Mergulladores de Salvamento Marítimo e GEAS realizarán este xoves inmersións na zona do afundimento do ‘Santa Ana’ e, se a visibilidade na zona o permite, intentarase estabilizalo mediante o enganche dun cable na zona dos carretes do pesqueiro –a parte do barco para enrolar as artes– e tirar del dende unha embarcación.

Estímase que as inmersións dean comezo arredor das 11.00 horas, coa preamar, segundo informan dende Salvamento Marítimo en nota de prensa.

Na tarde do mércores realizaron inmersións dous mergulladores de Salvamento Marítimo e dous pertencentes ao grupo de GEAS especialista, desprazados a Asturias. Lograron ver parte do pecio, pero a visibilidade era moi escasa e tiveron que saír da auga.

O ‘Santa Ana’ embarrancou o luns 10 de marzo na illa de Erbosa, nas proximidades do Cabo Peñas, e continúa semihundido apoiado pola zona de popa.

Está previsto que ao longo do día participen no rastrexo un equipo de Salvamento Marítimo de seis mergulladores e un técnico de operacións especiais da Base Estratéxica de Fene, o Salvamar Capella, o Guardamar Concepción Arenal, o Salvamar Rigel, o Buque remolcador Alonso de Chaves, e o Helimer 203; dende a Garda Civil patrulleiras Río Nalón e Río Miño, o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas e o Helicóptero Cuco; un helicóptero de Bombeiros de Asturias; e a Cruz Vermella.

13 de marzo de 2014 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.