publicidade hoxe

Ordenan o desaloxo en Sarria dos acampados que protestan contra o encanamento do río

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSarriaSucesos
A-
A+
Europa Press

Mandos da Sección de Intervención Rápida da Garda Civil de Lugo ordenaron que desaloxen o lugar ás persoas que se atopan acampadas na illa de Toleiro, en Sarria. Os concentrados na zona opóñense ao encanamento do río.

Así, unha vintena de axentes trasladouse desde a Comandancia da Garda Civil para apostarse nas inmediacións de onde se producen as protestas no Malecón, segundo informaron fontes do Instituto Armado.

Un dos portavoces veciñais da Plataforma Sarriá polo río que se opoñen ao encanamento do río Sarria pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Roberto Irimia, sinalou que a Garda Civil confirmoulles que a orde parte da Subdelegación do Goberno.

A intervención policial prodúcese ao día seguinte de que mantivese un encontro o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, con responsables políticos do Concello, deixando aberta a porta a aceptar propostas da plataforma.

Irimia comentou que non acudiron á reunión porque ninguén llo comunicou, á vez que asegurou que a intención veciñais era abandonar o peche ao longo da semana.

25 de marzo de 2014 | 10:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.