publicidade hoxe

O Xulgado de Viveiro conta con conexión a internet de 100 megas grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+

O Xulgado de Viveiro vén de sumarse ás sedes xudiciais galegas con acceso a Internet de 100 Mbps, grazas as actuacións do Plan de Banda Larga da Xunta. No marco deste Plan, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) completou a implantación desta tecnoloxía nas sedes dos partidos xudiciais de Vilalba, Monforte, Mondoñedo, Chantada e Lugo, que xunto co de Viveiro, supoñen o 66% da sedes xudiciais da provincia.

O Plan facilitou xa o acceso a redes de 100 megas en 35 edificios das 45 sedes xudiciais existentes nas catro provincias galegas. Na provincia da Coruña dispoñen desta conectividade o 78 % das sedes xudiciais, en Pontevedra o 100%, e en Ourense, un 55% *

A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas.

Con esta actuación búscase dotar tanto ás cidades como ao rural da mellor conectividade posible, e avanzar na modernización da xustiza con iniciativas como o Plan Senda para introducir as TIC no eido xudicial galego, que leva investidos investidos 13,7 millóns de euros no período 2009-2012. As medidas do Plan abranguen a mellora das infraestruturas de telecomunicacións das sedes xudiciais, a implantación e actualización dos sistemas de información.

Máis de 1 millón de galegos con acceso a 100 Mbps

Para o desenvolvemento de iniciativas como o Plan Senda e para a integración das TIC en todos o ámbitos administrativos é fundamental contar infraestruturas de telecomunicación adecuadas. Por iso, a Xunta puxo en marcha ano o Plan de Banda Larga 2010-2013, que está a posibilitar que tanto os centros administrativos como os cidadáns teñan acceso a un servizo de Internet de calidade que lles permita integrarse de xeito efectivo na sociedade da información.

Unha das actuacións do Plan é a extensión de redes de nova xeración en colaboración co operador R e que xa permitiu que máis de un millón de galegos teñen acceso á redes de fibra óptica de 100 Mbps, que permiten fornecer servizos innovadores, mellorar a calidade ofrecida ao usuario e adaptarse máis rapidamente ás novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.

9 de marzo de 2014 | 12:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.