publicidade hoxe

O servizo de vixilancia das casas do mar de Burela e Celeiro recibe unha axuda de 156.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaLocal PortadaLugoViveiro
A-
A+

A Xunta de Galicia destinará 156.000 euros á contratación do servizo de vixilancia e seguridade na Casa do Mar de Burela e na de Celeiro. O Diario Oficial de Galicia publicará mañá a licitación do contrato, que se asinará por período dun ano prorrogable a outra anualidade.

As Casas do Mar son centros dependentes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Traballo e Benestar, e atenden aos mariñeiros en réxime de aloxamento. O servizo de vixilancia pretende garantir a protección dos usuarios e mesmo das propias instalacións.

O servizo realizarase polo persoal necesario que garanta a presenza en diferentes quendas dun vixilante non armado de luns a domingo, en horario de 22.00 a 8.00 horas, todos os días do ano en ambos centros.

Ademais deberá incluír na Casa do Mar de Celeiro 588 horas para fins de semana e festivos, en horario diúrno, que determine a persoa responsable do centro, e unha bolsa de 200 horas que serán de libre disposición para ambos os dous centros.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta, situado na Ronda da Muralla, ou ben por correo; cando se opte por este último medio ou por outro rexistro distinto ao indicado, os licitadores deberán anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta media fax, teléfono ou correo electrónico.

17 de marzo de 2014 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.