publicidade hoxe

O ‘Obradoiro Capacita Moaña II’ con 22 alumnos permite a mellora de xardíns e dunha ruta de muíños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoaña
A-
A+
Beatriz Mato na visita ao obradoiro Capacita Moaña II

Beatriz Mato na visita ao obradoiro Capacita Moaña II

O ‘Obradoiro Capacita Moaña II’, que a Consellería de Traballo e Benestar está a desenvolver na localidade da comarca do Morrazo, conta con 22 participantes que se están a formar en dúas especialidades: colocación de pedra natural e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. A esta actuación, o departamento autonómico está a investir preto de 200.000 euros, tal e como resaltou hoxe en Moaña a titular de Traballo, Beatriz Mato, quen, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou aos alumnos e alumnas deste programa mixto de formación e emprego.

Esta iniciativa está a permitir aos seus participantes non só unha formación teórica e práctica de calidade, senón tamén acceder a un posto de traballo, e realizar diversas actuacións no propio concello como son o mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes e a recuperación da ruta dos muíños do entorno do río do Inferno.

Este obradoiro de emprego dá continuidade ao primeiro ‘Capacita Moaña’ que se centrou nas especialidades da construción, xardinería e axuda a domicilio.

Mato destacou que dado o resultado positivo destes programas, o Goberno galego seguirá neste exercicio a manter “unha firme aposta” por este tipo de iniciativas e, deste xeito, destinará 10,2 millóns de euros para poñer en marcha en toda Galicia 50 novos obradoiros de emprego.

Na actualidade xa están en marcha na Comunidade autónoma 50 obradoiros nos que están a participar 1.300 galegos e galegas. Na provincia de Pontevedra son 13 con 287 alumnos e o investimento supera os 2,5 millóns.

26 de marzo de 2014 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.