publicidade hoxe

O Fondo de Compensación Ambiental investiu 220.000 euros en varias actuacións en Viveiro durante os dous últimos anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaViveiro
A-
A+
Alfonso Rueda na visita a Viveira

Alfonso Rueda na visita a Viveira

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe Viveiro para coñecer de primeira man os investimentos feitos o ano pasado no concello ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. Rueda estivo acompañado da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e da alcaldesa da localidade, María Loureiro.

O Fondo de Compensación Ambiental é unha iniciativa que a Xunta puxo en marcha hai catro anos para que, por primeira vez en Galicia, os concellos galegos puideran beneficiarse das explotacións de enerxía eólica, grazas ao canon eólico.

No caso concreto de Viveiro, nos dous últimos anos investíronse máis de 220.000 euros que teñen permitido levara cabo importantes actuacións para o concello como a rexeneración ambiental do casco histórico -con contenedores soterrados- e a dotación de servizos na área recreativa de Celeiro, ata a que se achegou hoxe Alfonso Rueda.

Ademais, Viveiro tamén participou nun proxecto compartido da Mancomunidade da Mariña que foi subvencionado con outros 90.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental e que permitiu a mellora da recollida selectiva do lixo nos concellos da Mancomunidade.

Precisamente, Rueda destacou a importancia da cooperación entre concellos e da colaboración das administracións locais coa Xunta para poder levar a cabo iniciativas deste tipo, que redundan nas arcas municipais, pero sobre todo nos veciños e no medio ambiente, posto que subvenciona actuacións vinculadas á conservación do medio natural.

Segundo explicou o vicepresidente, o Fondo de Compensación Ambiental configurase como unha aposta da Xunta polos concellos, pola conservación do Medio Ambiente e por dotar aos veciños de mellores servizos; unha aposta que o goberno renovará este ano permitindo aos concellos beneficiarse de novos das explotacións eólicas. Só o ano pasado financiáronse en Lugo case 50 proxectos e se investiron máis de tres millóns de euros.

14 de marzo de 2014 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.