publicidade hoxe

O Domingo 16 Salceda de Caselas será invadida polo Xabarín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSalceda de Caselas
A-
A+

A Comisión de Festas Virxe da Concepción de Salceda de Caselas celebra este Domingo a VII Festa do Xabarín no Torreiro de Festas de Santa María.

Este prato tan suculento vai acompañado dunha serie de actividades que teñen cita ás 9:00 no Torreiro de Festas dende onde sairá a IV Quedada BTT Xabarín 2014 e a Andaina “Os pasos do Xabarín” todos os participantes en ambas as dúas actividades terán un desconto de 2 € no menú do Xabarín e terán que apuntarse previamente en http://jroliveira.net84.net/xabarin2014/index.html para participar na BTT en medioambiente@salcedadecaselas.es para participar na Andaina . A BTT terá un percorrido de 23km e a Andaina de 15 km, e terá o seu remate no lugar de partida.

Ademáis vaise a contar cunha concentración de coches clásicos así como de Acrobacias con bicis BMX. Para aquelas persoas que desexen visitalos muíños que forman parte da Senda do Río Caselas, poderán disfrutar dunha xornada de portas abertas.

A Festa do Xabarín xa ten unha traxectoria dentro do programa de actividades que leva a cabo anualmente a Comisión de Festas Virxe da Concepción e conta cun menú que inclúe o prato de xabarín, viño ou auga, pan e postre por 12€ ou 10€ sen postre. Dende a Comisión de Festas queremos convidar a todas as persoas a participar desta Xornada Gastronómica acompañada dunha gama de actividades deportivas, este domingo non te podes perder a VII Festa do Xabarín

10 de marzo de 2014 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.