publicidade hoxe

O consorcio As Mariñas reunirá a 250 músicos no segundo encontro das escolas de música municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAbegondoCambreCulleredoOleirosSada
A-
A+

O Consorcio As Mariñas celebra mañá, sábado 29 de marzo, o seu segundo encontro das Escolas de Música Municipais, tras o cheo logrado o ano pasado na súa estrea en Oleiros. Nesta ocasión, a cita desenvolverase en Culleredo, no salón de actos da Universidade Laboral.

O encontro, que foi ideado polos técnicos municipais de Cultura, ten como obxectivo propiciar un espazo de coñecemento e intercambio de experiencias entre as agrupacións da área metropolitana. Nesta edición participarán formacións de Abegondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.

Serán un total de 250 músicos os que mañá se reúnan en Culleredo. O encontro permite o desenvolvemento de sinerxías entre as bandas, aproveitando así as potencialidades das distintas escolas municipais.

A cultura constitúe outras das áreas nas que o Consorcio As Mariñas pretende centrar esforzos para desenvolver propostas de colaboración entre os Concellos que o compoñen. A experiencia do Festival Internacional de Monicreques ou das exposicións itinerantes que percorreron os 9 municipios, son outros dos exemplos das vantaxes obtidas por colaborar tamén en materia cultural.

Neste sentido, dado boa parte dos Concellos contan con Escola de Música Municipal, coas súas diferentes formacións, desde coros a big bands, podería resultar vantaxoso para a comarca impulsar actuacións conxuntas que sumen o traballo das diferentes agrupacións.

28 de marzo de 2014 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.