publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Piñor programa novas actividades infantís para Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa da posta en marcha, un ano máis, do programa de Actividades Infantís de Semana Santa. Os períodos  de vacacións escolares sempre son aproveitados por este concello para ofrecer iniciativas lúdico-educativas os máis cativos. A idea básica é enriquecer o seu tempo de lecer fomentando á súa vez a aprendizaxe (educación en valores, manualidades, xogos tradicionais….).

Outros anos, os cativos desfrutaron de actividades como: talleres de relaxación, psicomotricidade, cine e valores, almorzo saudable…. Nesta ocasión, o programa de actividades será o seguinte:

-Luns 14 de marzo de 10:00h a 13:00h: “Xogo da reciclaxe con SOGAMA”. O Concello de Piñor recibirá a visita da Aula Móbil de Sogama, na cal monitores da temática desenvolverán xogos moi variados en torno á reciclaxe. Destacar que de 13:00h a 15:00h será a poboación xeral a que se poda acercar ó Centro Social a solventar as súas dúbidas e obter información e asesoramento, sendo atendidos polos monitores, os cales tamén lles ofrecerán folletos informativos.

-Martes 15 de marzo de 11:00h a 13:00h: “Maratón de xogos QUÉRETE”. A autoestima é algo que hai que coidar e fomentar dende idades temperás. Nesta maratón de xogos os cativos pasarán unha mañá moi divertida, aprendendo ó mesmo tempo a quererse así mesmos (imaxe corporal, autoconcepto….).

-Mércores 16 de marzo de 11:00h a 13:00h: “V Almorzo Saudable”. Trátase dunha das iniciativas con máis éxito entre os cativos. O obxectivo é fomentar o consumo de froitas e verduras entre a poboación infantil, ofrecendo un amplo abano de receitas ricas e divertidas. Nesta ocasión, realizaranse bocadiños de pan saudables e bonecos divertidos con froitas. Do que se trata é de que vexa que comer san é algo moi fácil e rico.

Tódalas actividades terán lugar no Centro Social. Xa está aberto o prazo de inscrición, a cal debe formalizarse nos Servizos Sociais ata o día 11 de abril, sendo totalmente gratuito.

28 de marzo de 2014 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.