publicidade hoxe

O Concello de Culleredo avisa sobre a subministración de auga por rotura en rede de Emalcsa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

Ás 15:15 horas de hoxe produciuse unha rotura na rede xeral de EMALCSA que abastece á cidade e contorna, concretamente na antiga condución DN 800 de formigón, á altura da Avda. de Ribados, no Burgo.

Segundo informou a pé de avaría o persoal de EMALCSA á empresa concesionaria do servizo de augas municipal, mentres dure a reparación, que se estima que se prolongará durante a noite, deixarase de ter auga na toma do depósito da Corveira, manténdose a subministración nas restantes.

Os depósitos de Monte Alfeirán e Rosalia de Castro están cheos polo que si a reparación non se prolonga máis aló da madrugada as reservas de auga serán suficientes.

Esta continxencia coincide cunha parada técnica na impulsión principal de EMALCSA desde a planta da Telva ao depósito de Choeira. Deixouse de impulsar onte e está previsto que se volva a pór en funcionamento o venres 21.

Esta rotura na rede de EMALCSA fará que ao longo do día de hoxe e de mañá poden producirse alteracións na subministración, como auga turbia, na zona urbana do municipio (O Burgo, Acea de Ama, Fonteculler, As Brañas e parte baixa de Vilaboa).

18 de marzo de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.