publicidade hoxe

Natalia Barros visita Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+
Natalia Barros na visita a Cabanas

Natalia Barros na visita a Cabanas

A directora do Plan Ferrol, Natalia Barros, mantivo no Concello de Cabanas unha xuntanza cos alcaldes de Cabanas e Fene, Germán Castrillón e Gumersindo Galego que serviu para coñecer de primeira man a situación actual na que se atopa o Polígono de Vilar do Colo, que comparten ambos concellos, dentro da xira que está realizando polos diferentes municipios da comarca para coñecer de primeira man as necesidades dos mesmos.

Os dous rexedores aproveitaron esta xuntanza para expoñerlle a Natalia Barros as necesidades de mellora que a día de hoxe existen no polígono así como trasladarlle as peticións recibidas por parte dos empresarios que alí teñen a súa sede. Unha vez recollidas todas estas peticións, a directora do Plan Ferrol comprometeuse a estudalas para nunha próxima reunión presentar un plan de traballo para poder darlles solución.

26 de marzo de 2014 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.