publicidade hoxe

Medio cento de veciños de Frades participaron nunha xornada sobre as oportunidades do sector forestal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Máis de medio cento de veciños e veciñas de Frades participaron nunha xornada gratuíta sobre oportunidades de negocio no sector forestal, organizada polo Concello de Frades, a Asociación Profesional de Selvicutores de Galicia (Silvanus) e ENCE. Durante a charla, os técnicos e especialistas de Silvanus e de ENCE abordaron temas como a xestión sostible e rendible do eucalipto, as perspectivas do mercado, a certificación de xestión forestal e o futuro da biomasa.

Entre outras cousas, os veciños e veciñas de Frades aprenderon que tipo de eucalipto plantar, así como onde, como e cando facelo. Así mesmo, explicáronlles cando cortar e como coidar o monte para que sexa máis produtivo. Pola súa banda, os técnicos de ENCE presentaron a empresa como o maior xestor forestal privado de España e destacaron que apostan por unha relación directa co propietario do monte, para que así reciba unha parte máis importante da xeración de riqueza que deriva dunha correcta xestión forestal.

Así, na charla tamén se falou da Certificación de Xestión Forestal, que garante que ese espazo é acorde aos indicadores de sostenibilidade forestal da UE tanto a nivel ecolóxico como a nivel social e económico. Finalmente, analizáronse as oportunidades de desenvolvemento que ofrece a biomasa forestal para o medio rural galego. Un punto onde se destacou que o aproveitamento da biomasa en forma de madeira, leñas e outros produtos cobrou nos últimos anos un novo protagonismo debido ao seu emprego como fonte de enerxía renovable.

4 de marzo de 2014 | 16:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.