publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Mantense activo un incendio forestal rexistrado en Foz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo arestora no municipio lugués de Foz, na parroquia de San Acisclo.

O lume iniciouse ás 08:52 horas de hoxe e segundo as primeiras estimacións provisionais a superficie afectada é de arredor de 20 hectáreas.

Nos traballos de control deste incendio participan 2 técnicos, 7 axentes forestais, 7 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

20 de marzo de 2014 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.