publicidade hoxe

Liberan a un traballador ao que lle caeu unha árbore enriba en Xermade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosXermade
A-
A+
E.P.

Os bombeiros de Vilalba excarceraron no mediodía deste luns un operario ao que lle caeu un eucalipto enriba mentres traballaba en Roupar, no Concello de Xermade.

O 112, tras recibir a chamada de alerta dos servizos sanitarios de urxencia e indicar que o traballador estaba atrapado, avisou os bombeiros de Vilalba e tamén solicitou intervención dos efectivos do grupo de emerxencias supramunicipal de Guitiriz e da Garda Civil.

Debido á gravidade do suceso, acontecido ás 12,04 horas, segundo apunta o 112, o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela tamén foi desprazado ao lugar, aínda que finalmente o ferido foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario.

3 de marzo de 2014 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.