publicidade hoxe

Lete Lasa compromete a colaboración na reforma do pavillón do Ceip Virxe do Carme de Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O secretario xeral de Deportes, José Ramón Lete Lasa, visitou hoxe o pavillón deportivo do CEIP Virxe do Carme de Sober acompañado pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o xefe provincial de Deportes, Manuel Otero, e o alcalde da localidade, Luis Fernández Guitián. Tamén participou o director do centro, José Manuel López Santos.

Lete Lasa fixo a visita tras ser convidado polo alcalde para que puidera coñecer de primeira man o estado da infraestrutura e as deficiencias que presenta. Tras un percorrido polas instalacións, o secretario xeral comprometeu a colaboración económica da Xunta para poder acometer, este mesmo ano, unha primeira fase de reforma e adecuación do pavillón.

Desde o Goberno autonómico estudarán as necesidades do espazo de cara a darlle solución aos problemas máis urxentes, como as filtracións de auga, entre outras.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradece a boa disposición da Xunta e do secretario xeral de Deportes. Recorda que se trata dunha demanda veciñal e da comunidade educativa, polo que espera que as obras máis esenciais se fagan este mesmo ano.  

27 de marzo de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.