publicidade hoxe

Festas do Santo Cristo en Fisterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFisterra
A-
A+

cartaz-festa-santo-cristo-fisterraFisterra acollerá do 19 ao 21 de abril as tradicionais Festas do Santo Cristo, declaradas de Interese Turístico Nacional. O programa dará comezo o sábado 19 coa actuación da charanga “O rumbo de sardiñeiro” ao mediodía, mentres á noite a verbena correrá a cargo das orquestras Cinema e Tequila.

O domingo 20, a Banda “Eduardo Pondal” encargarase do pasarrúas e a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Fania, que tamén actuará durante a verbena nocturna xunto á orquestra Panorama. O luns 21, o pasarrúas contará coa Banda “Desiderio Paz” para continuar a sesión vermú coa orquestra Metrópolis que tamén actuará durante a noite. Durante a tarde, a partir das 16.00 h. contarase con xogos para os máis cativos e un gran festival infantil na Praza da Constitución.

5 de marzo de 2014 | 11:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.