publicidade hoxe

Festa de Entroido en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

O Concello de Cabanas en colaboración coa S.C.R.D. San Mamede de Laraxe vai levar a cabo unha festa de entroido este próximo martes día 4 de marzo. O acto terá lugar no local social da S.C.R.D. San Mamede e dará comezo ás 17:00 horas cunha festa infantil con animación, na que os participantes poderán degustar un chocolate con churros.

Posteriormente ás 21:00 horas e con animación musical a cargo de grupo Maracaibo procederase a unha degustación de produtos do entroido e queimada. Será entón cando se entreguen os premios ós mellores disfraces.

3 de marzo de 2014 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.