publicidade hoxe

Entrega de diplomas aos 11 desempregados participantes no curso de operador de maquinaria de escavación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurensePaderne de Allariz
A-
A+
Rogelio Martínez cos participantes

Rogelio Martínez cos participantes

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo presidente da Mancomunidade voluntaria de concellos da comarca de Ourense e alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández; representantes da totalidade dos concellos pertencentes a esta mancomunidade, e o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas; foi o encargado de entregar os diplomas do curso de acción formativa para desempregados (AFD) que o ano pasado Traballo e Benestar outorgou a este ente supramunicipal no que se formaron un total de 15 alumnos, malia que catro deles non remataron a formación por encontrar traballo antes de finalizar o curso.

A Xunta investiu 82.182 euros neste curso no que os desempregados formáronse na especialidade de operador de maquinaria de escavación, tendo dous módulos formativos dedicados a traballos con escavadora e con pa cargadora. Tamén se impartiron os módulos transversais dedicados á inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero, outro básico de prevención de riscos laborais. En total, os alumnos cursaron 610 horas de formación.

No transcurso do acto de entrega de diplomas, Martínez subliñou que o obxectivo prioritario deste programa é a inserción e reinserción laboral das traballadoras e traballadores desempregados naqueles sectores estratéxicos que require o sistema produtivo e que requiren as empresas, tendo en conta ademais a importancia da formación, “aspecto clave”, como matizou o delegado, “para mellorar a empregabilidade e as súas posibilidades de inserción laboral”. Rogelio Martínez felicitou aos alumnos pola consecución destes cursos formativos e expresou o seu desexo de que o título que hoxe se lles entregou “sirva para conseguir o traballo que esperades. De igual modo que tivestes compañeiros que abandonaron o curso ao lograr colocarse no mundo laboral”.

En total, ao longo do ano pasado, a Xunta investiu 8,7 millóns de euros nun total de 190 destas accións formativas das que se beneficiaron máis de 2.800 alumnos da provincia de Ourense.

19 de marzo de 2014 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.