publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dous xóvenes de Trazo foron detidos como presuntos autores dun delito de estafa continuada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada esquerdaSucesosTrazo
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil da localidade coruñesa de Ordes, auxiliados en labores de investigación por outros de Ferrol, detiveron o luns en Trazo (A Coruña) de dous mozos veciños do citado concello, de 24 e 26 anos, como presuntos autores dun delito de estafa continuada, polo menos en 30 ocasións, facéndose pasar por supostos operarios da compañía eléctrica Fenosa.

Segundo informou o Instituto Armado, en todas as ocasións elixiron como victimas a persoas de avanzada idade e, baixo a ameaza de corte de luz, realizaban unha suposta revisión de contadores pola que cobraban unha determinada cantidade de diñeiro. Até o momento, os investigadores creen que poderían estafar “entre cinco e seis mil euros”.

Os agora detidos actuaban por toda a provincia coruñesa, sen descartar “algunha fechoría” nas provincias de Pontevedra e Ourense, sinalou a Benemérita.

As zonas máis afectadas, ou frecuentadas, por estes dous individuos na provincia da Coruña son as localidades de Ordes, Trazo, Santa Comba, Noia, Neda, Fene e As Pontes. Tamén se lles imputan delitos de danos, xa que nalgunha ocasión chegaron a ocasionar cortes e avarías nas instalacións dalgunhas vivendas, e de falsificación de matrículas, para non ser identificado o vehículo co que se desprazaban, porque tamén se verificou que adquiriron combustible nalgunhas gasolineiras e marcháronse sen abonalo.

Un dos detidos fora empregado da citada compañía eléctrica e aínda conservaba un carné profesional, que era o que utilizaba para facerse pasar por un verdadeiro profesional da citada empresa.

Os dous individuos detidos foron postos a disposición do xulgado de garda de Ordes.

25 de marzo de 2014 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.