publicidade hoxe

Dodro pon en marcha un novo programa para dependentes e coidadores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodro
A-
A+

Despois da posta en marcha dos programas “Amodiño.Dodro”, “Lavanderia” a domicilio e “Conta con Nós” todos eles dirixidos a perosas dependentes, con problemas de mobilidade e maiores, nace o programa “COIDATE”, un servizo de apoio psicolóxico que xorde da necesidade de proporcionar apoio, información e asesoramento a todas aquelas persoas en situación de dependencia, predependencia e os seus familiares, e especialmente ao coidador principal.

Realizaranse por parte dunha psicóloga especialista na materia, visitas domiciliarias como medida de apoio emocional e psicolóxico aos dependentes e para porporcionarlle axudas a estas persoas para que sexan quen de levar a situación dunha maneira óptima para alcanzar o seu benestar. O programa iniciase coa intervención a 60 dependentes e os seus coidadores.

O apoio ás familias e ao coidador principal convertese nunha necesidade prioritaria xa que éstas son as que garanten a calidade de vida e os coidados do enfermo, o que provoca en moitas ocasións situacións de estrés ou problemas de saúde diversos polo que o obxetivo da atención ao coidador é proporcionarlle apoio psicolóxico para diminuír a ansiedade e a tensión que provoca a situación familiar.

Realizaránse ademáis dinámicas de grupo cada 15 días que permitan o desafogo da tensión emocional, fomenten as condutas de autocoidado e permitan compartir experiencias e vivencias, así como grupos de autoaxuda cando sexa preciso e aconsellable.

14 de marzo de 2014 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.