publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dáse por extinguido o incendio forestal rexistrado en Quiroga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaQuirogaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio lugués de Quiroga, na parroquia da Seara.

O lume iniciouse ás 10:35 horas de onte luns e quedou extinguido ás 10:07 horas de hoxe. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 40,76 hectáreas de terreo en Rede Natura, das cales 0,76 corresponden a arborado e o resto a monte raso.

Nos traballos de extinción deste incendio participaron 6 axentes forestais, 11 brigadas, 6 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

11 de marzo de 2014 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.