publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dáse por extinguido o incendio forestal rexistrado en Carballeda de Valdeorras

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Robledo.

O lume iniciouse ás 22:00 horas de onte luns e quedou extinguido ás 19:02 horas desta tarde. Segundo estimacións provisionais a superficie afectada é de 80 hectáreas de monte raso.

Nos traballos de extinción deste incendio participaron 2 técnicos, 6 axentes forestais, 9 brigadas, 2 motobombas, 1 pa, 1 avión e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

18 de marzo de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.