publicidade hoxe

Culleredo lanza a segunda edición dos campamentos urbanos de primavera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo abre a convocatoria de inscrición na segunda edición os campamentos urbanos de primavera. A acollida da estrea, o ano pasado, foi moi boa por parte das familias cullerdenses, o que leva á Concellaría de Cultura a repetir coa experiencia.

A idea é aproveitar os días non lectivos da Semana Santa para proporcionar unha actividade aos nenos cullerdenses, quen ademais de recibir atención, desenvolven actividades educativas.

Os campamentos urbanos de primavera celebraranse no Burgo, no Edificio de Servizos Múltiples. Terán lugar desde o 14 ao 21 de abril, fóra dos días festivos e o sábado. Diríxense a nenos de 3 a 12 anos de idade, tendo preferencia os empadroados no municipio de Culleredo.

A actividade poderá abarcar oito horas e media de cada mañá, co que se proporcionará unha atención aos nenos mentres os pais desempeñan as súas obrigacións laborais. Así, os campamentos en si teñen lugar de 9.00 a 14.00 horas, pero pódese optar ao almorzo, de 7.30 a 9.00 horas, e á comida, de 14.00 a 16.00 horas.

O programa de actividades estará guiado pola educación ambiental, especialmente apropiada coa chegada da primavera. levarán a cabo actividades na contorna de Culleredo para promover o respecto ao medio e o coñecemento do municipio. Este ano, a reciclaxe estará moi presente nos diferentes talleres que levarán a cabo.

O Concello informa de que o prazo de preinscrición abarcará desde hoxe luns 17 até o próximo 28. Para formalizala deben dirixirse á Concellaría de Cultura, sita no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, apunta que cos campamentos o Concello quere ofrecer unha “alternativa educativa e de lecer” a que os pequenos pasen boa parte das vacacións en casa, ademais dunha “completa oferta cultural e educativa”.

17 de marzo de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.