publicidade hoxe

Culleredo apagará gran parte do paseo marítimo para unirase o sábado a “A Hora do Planeta”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal Portada
A-
A+

O Concello de Culleredo participará o sábado, 29 de marzo, en “A Hora do Planeta”, campaña que promove a organización WWF para concienciar sobre a necesidade de colaborar contra o cambio climático.

A campaña consiste en sumarse apagando algún lugar emblemático durante unha hora, en concreto de 20.30 a 21.30 horas. O Concello de Culleredo apagará gran parte da iluminación do paseo marítimo do Burgo para facer visible o seu compromiso e chamar a atención sobre a importancia individual e colectivo de axudar ao planeta ante o cambio climático.

O goberno local anima aos veciños a apagar as luces nos seus domicilios a esa mesma hora para sumarse a esta campaña mundial. Estímase que unhas 7.000 cidades do mundo formarán parte desta edición de “A Hora do Planeta”.

27 de marzo de 2014 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.