publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cuarta sesión da VI Escola de Familia en Piñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa de que, o vindeiro xoves 27 de marzo terá lugar a cuarta sesión da VI Escola de Familia. Por sexto ano consecutivo, a escola de pais e nais municipal ofrece un programa formativo moi variado en torno a problemáticas actuais e de especial relevancia para a educación dos nenos e nenas. De forma mensual, pais, nais e persoas con interese na materia, reúnense para abordar un tema concreto da man dun profesional do eido. Nesta ocasión falarase da exclusión social, de cómo previr que os cativos caian na rede da delincuencia, o consumo de drogas…

Baixo o título “Prevención da exclusión social: delincuencia e drogas”, profesionais de APES (Asociación para a Prevención da Exclusión Social en Ourense) darán pautas ás familias, pero tamén se contará cunha persoa que compartirá a súa experiencia coas familias, como testemuña de cómo se pode caer en condutas de risco e sensibilizar ós pais e nais nesta problemática.

A charla terá lugar o 27 de marzo ás 18:00h no Centro Social (Albarona).

25 de marzo de 2014 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.