publicidade hoxe

Cotobade programa unha ampla variedade de actividades para o mes de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O Concello de Cotobade ven de programar un marzo cheo de actividades de promoción turística,  cultural e deportiva.

Comezamos co éxito de participación o fin de semana do 02 de marzo no Entroido, seguidamente o 09 houbo o campionato da Transgalaica e finalmente este domingo 16 pudose degustar o petote.

A mais de estes eventos de gran afluencia, convocáronse actividades de

  promoción do deporte (ximasia de mantemento en Carballedo) e de divulgación cultural (charlas sobre o contido da factura da luz en Tenorio e Rebordelo) Este fin de semana  terá lugar , outro evento deportivo de interese O Campionato Nacional de Billarda, que será o día 22 no Campo de Fútbol de As Extremas.

A billarda foi un dos xogos máis coñecidos e populares de Galicia ao longo de toda a súa historia. E un xogos tradicional que se quere por en valor xa que ten unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Fomenta a creatividade, xa que os obxectos deben ser fabricados ou deseñados por un mesmo, e a comunicación, porque obrigan a falar cos compañeiros para poñerse de acordo e negociar as regras. Amais, os xogos tradicionais eliminan as barreiras sociais polo seu baixo custo.

Malia que existe unha gran variedade de nomes e regras, a característica común do xogo consiste en darlle cun pau (panca, palán, palín, palén ou varal) a outro máis pequeno (billarda, o que dá nome ao xogo, ou estornela), para elevalo e despois envialo o máis lonxe posible.

A pesar de ser un campeonato oficial, tamén hai unha categoría aberta para todos aqueles e aquelas que queiran practicar  e coñecer este deporte tradicional.

Por eso convidamos a todos os cotobadeses e visitantes a achegarse ás 16:00 ao campo das extremas de Cotobade

17 de marzo de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.