publicidade hoxe

Cotobade informa das axudas por fillos menores de tres anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O Concello de Cotobade informa que a Consellería de Traballo e Benestar abriu o prazo para a presentación de solicitudes de AXUDAS  A FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS.

CONTÍA DAS AXUDAS: 360 EUROS POR FILLO MENOR DE TRES ANOS

REQUISITOS DE ACCESO:

1.- Residir na Comunidade Autónoma galega.

2.- Que os fillos teñan menos de tres anos, é decir nacidos entre o 2.1.2011 e o 1.1.2014 
3.- Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante. 
4.- Que ningún dos membros da unidade familiar estiveran obrigados a presenta-la declaración da renda, nin a tiñan presentado de xeito voluntario.

O prazo para a presentación das solicitudes remata o 24 de abril do 2014. As solicitudes presentaranse no rexistro das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar ou ben no departamento de servizos sociais do Concello de Cotobade

Para máis información diríxanse as oficinas de servizos sociais do Concello.    

DOCUMENTACION:

1.- Solicitude según modelo oficial 

2.- Fotocopia do libro de familia. 
3.- Certificado de empadronamento do conxunto da unidade familiar. 
4.- Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
5.- Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución judicial ou administrativa que a declare. 
6.- Autorización do cónxuxe ou parella para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario. 

19 de marzo de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.