publicidade hoxe

Convócase o XIV Concurso de Contos de Cerdido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

Co gallo da celebración do día do libro, o vindeiro día 23 de abril de 2014 e motivado na necesidade de fomentar a lectura entre tódolos veciños e recuperar as lendas e contos do concello, fomentando a creatividade e  capacidade narrativa da xente, o Concello de Cerdido, convoca o XIV premio: “Contos de Cerdido” que se rexerá polas seguintes bases:

Primeira. Poderán optar ó premio todos aqueles nenos e nenas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten contos, lendas ou historias sobre o concello de Cerdido,  estes contos ou historias terán que ser obras inéditas e non premiadas con anterioridade, escritas en castelán ou en galego. 

Segunda. Haberá unha modalidade de premio:

A.- Categoría infantil .- Poderán participar tódolos nenos  e  nenas  de ata 14 anos e o premio consistirá  nun lote de libros. Esta categoría poderá subdividirse segundo as idades dos/as participantes.

Terceira. As obras serán de extensión libre ata un máximo de catro folios en tamaño DIN A4, a unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados.

As obras presentaranse baixo un título, acompañadas dun sobre no que constará o título da obra e no seu interior o nome e apelidos do autor, o seu domicilio, nacionalidade e número de teléfono.

Cuarta. O prazo de recepción das obras rematará o día 15 de abril de 2014 e deberán remitirse ó Concello de Cerdido. 

Quinta. O xurado estará presidido pola Sra. Alcaldesa do Concello e formarán parte del dúas persoas máis e actuará como secretaria a da corporación ou persoa en quen delegue. O xurado poderá declarar deserto o premio  no caso que os traballos presentados non sexan da categoría suficiente como para conceder un premio. O premio fallarase o día 23 de abril de 2014.

Campamento deportivo

Por outra banda, o concello participará no campamento deportivo que se organiza dende a Deputación da Coruña e que se celebrará no mes de xullo no Colexio Calvo Sotelo da Coruña. Ten un prezo de 85 € e poderán participar os rapaces e rapazas nados nos anos 2001, 2002, 2003 e 2004. As persoas interesadas poden recibir máis información ou inscribirse nunha listaxe provisional nas oficinas municipais. Envíolles tamén en documento adxunto un cartel da actividade.

27 de marzo de 2014 | 11:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.