publicidade hoxe

Convócase o V premio de lingua e literatura Rosalía de Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
A Deputación da Coruña abre mañá o prazo de presentación de candidaturas para o V Premio de Lingua e Literatura Rosalía de Castro. Este certame forma parte dos dez premios que este ano convoca a institución provincial no campo cultural, dos servizos sociais, de igualdade e de normalización lingüística.

O obxectivo do premio é recoñecer a promoción e dignificación do noso patrimonio lingüístico que de forma desinteresada leven a cabo persoas individuais ou institucións. De feito, o premio pode destinarse tanto a persoas, colectivos ou entidades comprometidas con este obxectivo. Ao mesmo tempo, o galardón mantén viva a memoria da poetisa de Padrón ao levar o seu nome.

O premio, único e indivisible, está dotado con 4.500 euros e entre os méritos valorarase non só que se desenvolva unha tarefa continuada a favor da lingua e a cultura, senón tamén actuacións concretas para a súa dignificación. Ademais, terase en conta o uso habitual do galego e as campañas publicitarias nesta lingua, entre outras.

O prazo de presentación de candidaturas remata o 30 de abril e no xurado haberá catro persoas de recoñecido prestixio no ámbito da lingua e cultura galega, ademais de dous representantes da Deputación.

Os interesados poden consultar as bases completas no Boletín Oficial da Provincia.

13 de marzo de 2014 | 10:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.