publicidade hoxe

Controlado o incendio forestal de Carballeda de Valdeorras tras calcinar unhas 80 hectáreas de superficie

Europa Press

O incendio declarado na noite do luns no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras quedou controlado este martes tras afectar a unha superficie dunhas 80 hectáreas.

Segundo informou a Consellería de Medio Rural e do Mar, o incendio comezou ás 22,00 horas do luns na parroquia de Robledo, en Carballeda de Valdeorras, e quedou controlado ás 15,21 horas deste martes.

As estimacións provisionais apuntadas polo departamento de Medio Rural sitúan a superficie afectada por este lume nunhas 80 hectáreas de monte raso.

Nos traballos de extinción deste incendio participan dous técnicos, seis xentes forestais, nove brigadas, dúas motobombas, unha pa, un avión e dous helicópteros.

18 de marzo de 2014 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.