Catro persoas son imputadas como presuntas autoras de incendios forestais en Baltar, A Cañiza, Carballo e Narón
A Policía Autonómica imputou a catro persoas como presuntas autoras de incendios forestais rexistrados nas localidades coruñesas de Narón e Carballo, en Baltar (Ourense) e na Cañiza (Pontevedra).
En concreto, a Policía imputou a un veciño de Baltar como presunto autor dun incendio forestal ocorrido nesta localidade o pasado día 14, no que arderon 9.000 metros cadrados de monte raso. O home non adoptou as medidas de protección necesarias fronte ao lume.
Por outra banda, membros do equipo de investigación de incendios forestais de Vigo procederon á imputación dun veciño da Cañiza como presunto autor dun incendio forestal por neglixencia. O lume afectou a unha superficie de 3.000 metros cadrados de monte raso.
En Carballo tamén foi imputado un veciño como presunto autor dun incendio forestal que afectou a 8.000 metros cadrados de arboledo. Os feitos producíronse o 12 de marzo.
Finalmente, foi tamén imputado por un incendio forestal un veciño de Narón. O lume que se lle atribúe calcinou máis de 22.000 metros cadrados de arboledo despois de que non interpuxese as medidas de protección necesarias para evitar a extensión do lume.