publicidade hoxe

Carlos Núñez ofrecerá un concerto especial en Sober e pregón con motivo da XXXIV Feira do Viño de Amandi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocal PortadaSober
A-
A+

O Concello de Sober contará este ano cun músico galego de excepción para celebrar a XXXIV Feira do Viño de Amandi. O noso gaiteiro máis internacional será o encargado de ler o pregón o domingo día 13 de abril diante da Casa do Concello.

Carlos Núñez achegarase a Sober xa o sábado 12 de abril e ofrecerá un concerto moi especial no interior do Santuario de Cadeiras. O Concello de Sober ten previsto habilitar autobuses desde a capitalidade para todos os que queiran asistir ao espectáculo musical. A entrada será por rigorosa orde de chegada ata completar o aforo.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca o feito de poder contar cun dos homes “de referencia no panorama musical a nivel mundial” e asegura que co seu concerto se dá a coñecer o patrimonio do Concello, ao tempo que se abre a feira a todo o termo municipal.

O rexedor explica que Carlos “é un namorado dos nosos viños e gosta de levar xuntos polo mundo a nosa música, viño e turismo”, como fará a vindeira semana no seu concerto no prestixioso City Winery de Nova York, dentro da xira que o está levando por 30 cidades de toda Norteamérica.

 “A Feira do Viño de Amandi consolida o seu éxito ano tras ano non só grazas á grandiosidade dos nosos viños, os mellores de Galicia, senón coa presenza de figuras insuperables como a de Carlos Núñez que se unen ao noso proxecto para darlle maior eco e difusión” valora Guitián.

Carlos Núñez

Ao longo destes anos Carlos Núñez vendeu máis de 1.000.000 discos no mundo, obtivo un Premio Ondas, dúas candidaturas en solitario aos Grammy latinos e galardóns a nivel internacional. Actuou en Roma ante dous millóns de persoas convocadas polo Papa e ten sido definido como la única estrela planetaria da gaita” (François-Xavier Gómez, Libération), “o novo rei dos celtas” (Manuel Rivas, El País), “o Jimi Hendrix da gaita” (Scott Lewellyn, Billboard), ou “o gaiteiro de ouro” (Xabier Rekalde, El Mundo).

1 de marzo de 2014 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.