publicidade hoxe

“As do Peixe” de Cándido Pazó representarase o xoves 27 no Pazo da Cultura de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPontevedra
A-
A+

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela presentou esta mañá, acompañada do autor do texto, Cándido Pazó e dúas das catro protagonistas,  Mónica Caamaño e Rocío González o espectáculo “As do Peixe”.

Levado á escena por Abrapalabra Creacións Escénicas, está inspirado nas historias das traballadoras dunha conserveira dende os anos 70.

Dentro da programación para adultos do Salón do Libro, contará con unha representación para público en xeral mañá xoves 27, ás 21:00 horas no Pazo da Cultura. As entradas están á venda anticipadamente en servinova a un prezo de 8€ (4€ para estudantes, parados e xubilados) e 2 horas antes do espectáculo na billeteira do Pazo.

O espectáculo, que se estreou en novembro, conta con máis de 15 representacións as costas e 5 nominacións aos premios María Casares, entre elas o da pontevedresa Cristina Dominguez no aparatado de dirección. Será sen embargo a primeira vez que a representen para centros escolares e o fará ao grande: A mañá do venres 28, ás 11:00 horas, 13 centros escolares de secundaria (IES Mestre Landían, As Barxas, Paralaia, Ponte Caldelas, 1º de Marzo de BAiona, Indalecio Pérez de Tui, etc) e un total de 650 rapaces.

O Salón do Libro quere conmemorar o 27 de marzo, Día Mundial do Teatro non só con este espectáculo, senón que realizará, fóra de programa, unha actividade coa colaboración do ESAD Galicia na Sala ás 19:00 horas. “O masca-páxinas”. Que contará coa intervención baixo a coordinación do profesor de Expresión Corporal, Ricardo Solveira, 6 actores e actrices: Catuxa Moure, Iria Parada, Dunia Díaz, Jordi Fernández, Carlos Baena e Santiago Cuquejo

26 de marzo de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.