publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un incendio forestal en Carballeda de Valdeorras

Europa Press

Un incendio forestal permanece activo este martes no termo municipal de Carballeda de Valdeorras (Ourense), que afecta a unhas 40 hectáreas de superficie.

Segundo informou a Consellería de Medio Rural e do Mar, o incendio iniciouse ás 22,00 horas do luns na parroquia de Robledo, no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras.

Nos traballos de control deste incendio participan un axente forestal, tres brigadas, unha motobomba e unha pa, segundo concretou Medio Rural.

18 de marzo de 2014 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.