publicidade hoxe

A Unión Española de Catadores concede dúas medallas aos viños de Monterrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonterrei
A-
A+

Os viños de Monterrei están novamente de parabén, tras obter nun dos certames internacionais de maior prestixio, os Premios Bacchus 2014, mencións especiais nas súas diversas elaboracións, viños brancos e tintos.

Así a adega de colleiteiro Manuel Guerra Xusto, situada en Vilaza-Monterrei, obtén a medalla de prata con Vía Arxéntea 2013. Este viño, elaborado das uvas Godello e Treixadura, procede de dez parcelas de viñedo propio da adega en Vilaza, onde o viticultor combina o cultivo en distintos tipos de chan para reflectir nos seus viños a máxima expresión varietal. Cunha produción limitada de 18.000 botellas, a este viño embotellado no mes de febreiro aínda lle resta unha importante evolución en botella que, previsiblemente mellorará un resultado xa satisfactorio, á vista da valoración concedida pola UEC.

Pero non só os viños brancos de Monterrei conseguiron satisfacer á crítica, pois Stibadia Barrica 2011 de BodegaTabú (O Rosal-Oímbra) foi recoñecido tamén coa medalla de prata. É este un feito que enche de orgullo á Denominación de Orixe, pois mantén un excelente estándar de calidade nos seus dous tipos de elaboracións. Javier González López, propietario de Adega Tabú, transmitíanos esta mañá a súa alegría ante a noticia, e como este viño elaborado coas variedades Mencía e Araúxa procede dunha selección das cepas máis vellas (ao redor de 30 anos de idade) que a adega ten en parcelas situadas en distintas zonas do Rosal. Stibadia Barrica é sometido a un proceso de maduración de 9 meses en barricas de carballo, o 80% francés de primeiro uso e un 20% americano de segundo ano. Cunha produción limitada de 1.500 botellas, este viño sairá ao mercado nas próximas semanas, pois Javier considera que aínda resta un período de estancia en botella no que o viño continuará evolucionando.

21 de marzo de 2014 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.