publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A parroquia de Seara, en Quiroga, rexistra un incendio forestal que afecta a 20 hectáreas de terreo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoPortada dereitaQuiroga
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo arestora, no municipio lugués de Quiroga, na parroquia da Seara.

O lume iniciouse ás 10:35 horas. Segundo as primeiras estimacións provisionais a superficie afectada é de arredor de 20 hectáreas de terreo en Rede Natura, a maioría de monte raso.

Nos traballos de control deste incendio participan 3 axentes forestais, 9 brigadas, 4 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

10 de marzo de 2014 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.