publicidade hoxe

A Garda Civil detivo ao presunto autor dun furto nunha xoiaría de Cuntis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCuntisSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo onte a un mozo de 18 anos, veciño de  Vilagarcia de Arousa (Pontevedra), como presunto autor dun furto cometido o pasado día 18 de decembro de 2013 nunha xoiaría da localidade de Cuntis (Pontevedra).

Os feitos que deron lugar á investigación que levou a cabo a Unidade Orgánica de Policía Xudicial desta Comandancia, ocorreron o día 18 de decembro de 2013, cando un home, co rostro cuberto parcialmente cun gorro tipo peruano e con luvas, accedeu ao interior da xoiaría e interesouse por unhas cadeas de ouro, que previamente reservara. Unha vez que a persoa que se atopaba á fronte da xoiaría móstralle unha manta con cadeas de ouro, o suposto cliente arrebátalle das mans e saíu correndo.

Esta persoa estivera con anterioridade ao día dos feitos na xoiaría solicitando ver cadeas de ouro, para un agasallo a un familiar seu, dispondo dun orzamento de 200 euros, polo que lle ensinaron dúas mantas con cadeas e cordóns de ouro, e así conseguiu gañar a confianza dos empregados da xoiaría, logrando apoderarse dunha manta que contiña cadeas  de ouro por un valor de 14.400 €uros  que lle ían a mostrar.

Tras efectuar un estudo de persoas co perfil descrito e antecedentes por feitos similares, logrouse identificar ao agora detido como presunto responsable do furto.

Esta persoa, que conta con antecedentes pola comisión de feitos similares nas localidades de Pontevedra e Vigo, foi posto a disposición da autoridade xudicial competente.

10 de marzo de 2014 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.