publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A execución da nova depuradora de Portomouro para evitar verteduras conta cun investimento dun millón de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGaliciaLocal PortadaVal do Dubra
A-
A+
Agustín Hernández na visita ás obras

Agustín Hernández na visita ás obras

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematará a finais do verán a construción da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Portomouro, en Val do Dubra. O conselleiro Agustín Hernández, acompañado polo director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, visitou hoxe estas actuacións que mellorarán o sistema de saneamento deste concello coruñés. Nesta supervisión dos traballos tamén estivo presente o alcalde de Val do Dubra, Ramón Camilo Varela.

Este proxecto, cun investimento de 1 millón de euros, ten como obxecto a mellora do saneamento en Val do Dubra mediante a dotación aos núcleos de Xermán e Portomouro dunha nova rede separativa de augas residuais que conectará coa existente e conducirá as augas á nova EDAR, evitando verteduras directas aos ríos Dubra e Tambre.

Estas melloras no sistema de saneamento contemplan a construción dunha nova EDAR, que contará cun caudal medio de 6,83 m3/h e un caudal máximo de 20,48 m3 /h. A nova infraestrutura consta dun sistema de pretratamento para o desbaste de graxos e finos, decantador, tanque de flotantes e arqueta de inspección.

Actualmente, o núcleo de Portomouro ten un sistema separativo de saneamento entre ambas as dúas marxes da rúa Entrepontes, que recolle as pluviais e as residuais nun mesmo pozo, no cruce da estrada Santa Comba- Baio (AC-404) coa DP-1914, para desaugar ao río Dubra. Substituiranse os colectores e pozos existentes na travesía de Portomouro (rúa dos Entrepontes) por outros de PVC e suprimiranse os puntos de entrada de pluviais, que serán conducidas á súa rede (existente) para asegurar unha rede separativa.

Estes traballos supoñen case 3 km de tubaxe de saneamento, 93 pozos de rexistro e máis de 6.400 m3 de escavación en gabia. Mediante os dous novos bombeos recolleranse as augas residuais do colexio, actualmente vertidas ao río Dubra, e as da zona sur do núcleo de Portomouro (bombeo rúa Rueiro).

19 de marzo de 2014 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.