publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A colisión frontal de dous turismos en Coles sáldase cun falecido e un ferido grave

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaColesPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A colisión frontal de dous turismos rexistrada este martes no termo municipal de Coles (Ourense) saldouse cunha persoa falecida e outra ferida grave.

Así o informou a Garda Civil de Tráfico, que concretou que o sinistro tivo lugar sobre as 11,10 horas no quilómetro 243,8 da estrada N-525, que une Ourense e Santiago.

O 112 indicou, ademais, que foron mobilizados o 061, Protección Civil e os Bombeiros de Ourense, xa que, segundo indicou o alertante, había dúas persoas atrapadas.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou ao lugar para atender aos pacientes unha ambulancia medicalizada e outra asistencial, ademais dun helicóptero medicalizado.

25 de marzo de 2014 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.