publicidade hoxe

A AECC do Barco de Valdeorras organiza unha cea baile benéfica o 5 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Barco de Valdeorras
A-
A+

A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO no Barco de Valdeorras organiza o próximo día 05 de abril ás 22:00 h., unha Cea Baile no Hotel Espada de O Barco de Valdeorras.
 
Colaborara desinteresadamente o grupo “Son do Sil” ofrecendo unha actuación no transcurso da cea. E tamén este ano contarase coa colaboración do grupo “ Os broders”.
 
No acto, sortearanse diferentes obxectos doados por diferentes establecementos comerciais da comarca de Valdeorras que colaboran altruistamente coa aecc no Barco de Valdeorras de Ourense.
 
Todo o que se recaude con esta cea benéfica irá destinado a diferentes programas de atención a enfermos e familiares que a AECC desenvolve en Valdeorras. (Programas de rehabilitación de enfermos, axudas económicas, psicolóxicas, programas de prevención, talleres,  etc.)
 
Para poder asistir a Cea Baile, podranse retirar as invitaciones o prezo de 30 Euros, chamando o telefono 699 980 695.

26 de marzo de 2014 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.