publicidade hoxe

A actividade ‘Ler conta moito’ achégase de novo a Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

Tras a Noite na Biblioteca do pasado 29 de marzo, a actividade da Biblioteca Municipal de Pontecesures non cesa, coa chegada do programa Ler conta moito de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas públicas de Galicia en colaboración cos concellos.

A primeira das actividades a realizar será Contos do mundo, o 2 de abril, para 3º e 4º de Educación Primaria. Continuará con Contos susurrados, o 9 de abril para 5º e 6º de Educación Primaria. Ese mesmo día, os alumnos de secundaria terán un Obradoiro de banda deseñada.  A seguinte, Conto contigo,  será o 7 de maio,  para 1º e 2º de Educación Primaria. Por último, os alumnos de educación infantil terán o seu turno o 14 de maio  co espectáculo O osño do rato.

Todas as actividades terán lugar na Biblioteca municipal ás 12 da mañá, agás a destinada de maio aos alumnos de secundaria, que terá lugar ás 5 da tarde.

31 de marzo de 2014 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.