publicidade hoxe

Xunta e Concello de Abegondo acordan a instalación dunha cuberta no patio de Infantil do CEIP San Marcos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

O CEIP San Marcos verá cumprida a súa principal petición de mellora de instalacións. O Concello de Abegondo e a Xunta de Galicia alcanzaron hoxe o acordo para levar a cabo a instalación dunha cuberta no patio de Infantil do centro de ensino.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e o xefe territorial da Consellería e Educación, Indalecio Cabana, visitaron hoxe o colexio para ver in situ as características da obra solicitada. O director do CEIP e a presidenta da ANPA tamén estaban presentes para explicar a súa petición.

Actualmente, as aulas deste ciclo de Infantil carecen dun patio cuberto. A zona para o esparexemento dos pequenos está ao descuberto, o que supón unha restrición de uso ante as inclemencias meteorolóxicas.

A ANPA contactara co Concello para trasladar a necesidade de instalar unha cuberta, que sirva de protección no inverno e que proporcione sombra no verán. O rexedor intercedió ante a Xunta para pedir o proxecto, á vez que os servizos técnicos municipais perfilaban as características e orzamento da actuación. A cuberta será motorizada, o que permitirá a entrada de luz cara ás aulas cando sexa necesario.

Santiso e Cabana concretaron hoxe, nunha reunión celebrada no propio colexio tras a visita efectuada, que Concello e Xunta cofinanciarán a actuación. O investimento roldará os 30.000 euros.

A intención consiste en acometela no parón das clases de Semana Santa si o procedemento previo lógrase completar para esa data. Si non, levaría a cabo co parón de xuño.

O alcalde de Abegondo agradece a implicación da Xunta para dar resposta á principal necesidade do colexio, uníndose á achega que tamén realizará o Concello. “Todos os esforzos para mellorar as condicións educativos estou convencido que merecen moito a pena”, afirma Santiso. 

Esta mellora no CEIP unirase á acometida polo Concello coa instalación dunha pasarela que conecta o edificio principal coas aulas de Infantil, protexendo o paso do mal tempo.

25 de febreiro de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.