publicidade hoxe

Vimianzo publica as bases do concurso de disfraces para o Entroido 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

1.- Os participantes deberán inscribirse na Casa da Cultura ata o xoves 27 de febreiro ás 14 horas.

2.- Entenderase por comparsa a agrupación composta por un mínimo de dez compoñentes, que desfilen ou realicen unha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións.

3.- Entenderase por grupos os participantes de dous a nove membros que desfilen ou realicen unha actuación conxuntamente, ben sexan coplas, bailes ou representacións.

4.- As comparsas e grupos deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na súa actuación.

5.- As comparsas e grupos deberán estar na Praza do Concello o domingo día 2 de marzo ás 16.30 horas e realizarán un pasarrúas por Vimianzo ata as inmediacións da Praza do Concello, lugar onde se levarán a cabo as actuacións diante do xurado.

6.- Para poder participar no concurso é obrigatorio facer o pasarrúas por Vimianzo.

7.- Para a selección dos premiados o xurado terá en conta o pasarrúas das comparsas e grupos, a orixinalidade e confección dos disfraces e a representación ou actuación feita polos compoñentes diante do xurado.

8.- A orde no pasarrúas e nas actuacións rexerase segundo o rexistro de inscrición.

9.- En caso de chuvia o concurso trasladarase ao pavillón. As comparsas e grupos non poderán acceder ao pavillón con vehículos nin plataformas.

10.- O xurado estará formado por representantes dos medios de comunicación da Costa da Morte.

11.- O xurado deberá elixir:

• A mellor comparsa
• A mellor comparsa de Vimianzo
• O mellor grupo
• O mellor grupo de Vimianzo
• O mellor difrace individual adulto
• Os 3 mellores disfraces individuais infantís

Se unha comparsa ou grupo de Vimianzo leva o mellor premio xeral quedará excluído do premio local.

12.- Os premios para o concurso de disfraces son:

• Premio á mellor comparsa: 400 €
• Premio á mellor comparsa de Vimianzo: 300 €
• Premio ao mellor grupo: 200 €
• Premio ao mellor grupo de Vimianzo: 150 €
• Premio ao mellor disfrace individual adulto: unha cea para 2 persoas nun dos restaurantes participantes nas campañas gastronómicas do concello
• Premio aos 3 mellores disfraces individuais infantís: un vale de 30 € para canxear nas librarías ou xogueterías do concello de Vimianzo

13.- A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sobre as que diante de calquera dúbida prevalecerá a resolución que adopte o xurado, por maioría simple dos seus membros. En contra das decisións do xurado non caberá ningún tipo de recurso.

12 de febreiro de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.