publicidade hoxe

Unha persoa resulta ferida tras sufrir un accidente de tráfico en Ortigueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueiraSucesos
A-
A+
E.P.

Unha persoa resultou ferida a consecuencia dun accidente de tráfico rexistrado na madrugada deste xoves na localidade coruñesa de Ortigueira.

Segundo informaron dende a Central de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia, o accidente, unha saída de vía, produciuse pasadas as 3.00 horas deste xoves na AC-862, no cruce de Céltigos, en Ortigueira.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Garda Civil, o GES de Ortigueira, Protección Civil e os Bombeiros de O Eume. Finalmente, o ferido foi excarcerado polo GES de Ortigueira e trasladado ao hospital por unha ambulancia do 061-Galicia.

20 de febreiro de 2014 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.