publicidade hoxe

Unha nova reunión do Plan de transporte metropolitano tratará de fixar o plan de traballo para a súa implantación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaCangasGondomarLocal PortadaMoañaMosNigránO PorriñoPontevedraRedondelaSalceda de CaselasVigo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Delegación Territorial da Xunta en Vigo, convocou hoxe aos alcaldes da área metropolitana para manter unha nova reunión coa finalidade de avanzar na implantación do Plan de Transporte Metropolitano. A xuntanza terá lugar na tarde do vindeiro xoves, 20 de febreiro na sede da Delegación.

Tal e como se acordou na última reunión celebrada o pasado 5 de febreiro, a Xunta presentará un calendario de traballo e os pasos e trámites que deberán levar a cabo todas as administracións implicadas para acadar a implantación efectiva do Plan de Transporte Metropolitano a comezos de 2015.

Ao igual que na anterior convocatoria, os alcaldes citados son os de Vigo, Cangas, Moaña, Redondela, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Gondomar, Baiona e Nigrán.

14 de febreiro de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.