publicidade hoxe

Unha forte granizada provoca o parón da circulación de 15 vehículos en Abegondo sen rexistrarse feridos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoSucesos
A-
A+
E.P.

Un total de 15 coches tiveron que parar a circulación na mañá deste luns por mor dunha forte granizada que caeu cando circulaban pola estrada de Ordes a Montouto ao seu paso pola localidade coruñesa de Abegondo.

Segundo a información facilitada polo servizo de emerxencias 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 7,23 horas deste luns, pero non se rexistraron persoas feridas.

O 112, que indicou que tamén se rexistrou algunha saída de vía, solicitou a colaboración da Garda Civil de Tráfico na zona do incidente.

NEVE

Ademais, o servizo de emerxencias sinalou que numerosas estradas galegas están a ser afectadas pola presenza de neve, especialmente, en zonas de montaña de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Respecto diso, o 112 sinalou que atendeu desde a pasada noite numerosas chamadas de condutores con problemas de circulación ao non poder continuar a marcha a causa do xeo e da neve, polo que resalta a necesidade de “extremar as precaucións” na rede viaria.

10 de febreiro de 2014 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.